Unha das estrelas do Mobile World Congress de este ano foi sen dúbida a presentación da plataforma Windows Phone 7 Series por parte de Microsoft, que será un novo sistema operativo para móbiles que racha con todo o anterior, polo que agora queda a dúbida do que pasará con Windows Mobile 6.5, e finalmente parece ser que esta xeración de móbiles con Windows coexistirá coa seguinte, pasando a chamarse Windows Phone Classic Series.
O Windows Mobile clásico sería algo así coma o Windows XP dos móbiles, de xeito que tanto venderíase en terminais de prestacións máis reducidas como en países en vías de desenvolvemento ou incluso para contornos corporativos, o que permitirá que as compañías que fixeron desenvolvementos de software para a plataforma actual non padezan perdas importantes coa chegada do novo Windows para móbiles, que revolucionará o mercado por rachar co pasado.
Windows Mobile 6.5 manterase no mercado tras a chegada de Windows Phone 7 Series
Compartir Este Artigo
