
Cabaleiro explicoulles ás persoas asistentes os detalles do plan de transición da televisión analóxica á dixital nesta área, a Área Técnica de Domaio, que está composta por 61 concellos, dos cales 56 pertencen á provincia de Pontevedra e 5 á da Coruña, e que dependen directa ou indirectamente do emisor principal de Domaio. En total suman 980.000 cidadáns que a partir do vindeiro mes de abril pasarán a recibir o sinal de televisión unicamente mediante tecnoloxía dixital.
O proxecto de transición da televisión analóxica á dixital na Área Técnica de Domaio ten como obxectivo, segundo informaron dende a Xunta, “igualar a cobertura dixital da TDT á da cobertura analóxica para todas as canles, públicas e privadas, nacionais e autonómica, mediante a posta en marcha de 47 novos centros emisores de extensión da TDT no rural”. Estes novos equipamentos están valorados en máis de 2 millóns de euros e o seu financiamento, ao igual que na anterior fase, corre a cargo da Xunta de Galicia e do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, correspondéndolle ademais ao Goberno autonómico a execución do plano de extensión.
A transición á televisión dixital da Área Técnica de Domaio é un proceso que se desenvolverá en tres niveis, a partir dos cales estáq previsto que se instalen 47 novos emisores, que incrementarán nun 2 por cenot a poboación galega con acceso á TDT
Na provincia de Pontevedra unha ducia de concellos xa se beneficiaron do apagón das fases I e II con resultados moi positivos. Na actualidade, antes de proceder ao acendido destes novos 47 centros emisores de TDT, a cobertura do sinal de televisión dixital na provincia é do 97 por cento da poboación, e agárdase que unha vez rematado todo o despregamento a cobertura chegue ao contorno do 99 por cento.
Comezan os traballos de despregamento da TDT e acendidos dixitais na Área Técnica de Domaio
Compartir Este Artigo

