The Astonishing Tribe (TAT) é un grupo de desenvolvedores suecos que estiveron presentes na pasada edición do Mobile World Congress cos seus interesantes traballos para o sistema operativo Android, e agora sorprende cunha aplicación que combina a realidade aumentada co recoñecemento facial chamada Recognizr. Esta ferramenta aproveita a cámara dun móbil con Android (aínda que esta tecnoloxía tamén a levarán ao iPhone) para recoñecer o rostro das persoas que teñamos diante, para identificala, localizar os seus perfís en redes sociais, e situar superpostas na pantalla do terminal as iconas que leven a esta persoa en distintos servizos web.
Este sistema crea un modelo 3D das cabezas das persoas que teñamos diante, de xeito que logo é capaz de identificalas (dende o novo móbil ou o doutra persoa que faga uso desta ferramenta) presentando na pantalla iconas para acceder ás súas contas en servizos coma Twitter ou Facebook. Como limitacións, Recognizr só identificará os rostros que estean na base de datos do servidor e para captar con suficiente calidade as caras deberá utilizarse unha cámara de, coma mínimo, 5 Mpíxeles.
Demostración desta nova tecnoloxía desenvolvida por TAT
Recognizr integra recoñecemento facial na realidade aumentada
Compartir Este Artigo

