Alpine Electronics, unha das compañías líderes en sistemas de audio para o automóbil, anunciou o peche dun acordo estratéxico con Nokia e NAVTEQ para levar os servizos de Ovi coma a navegación GPS ao coche, aínda que en vez de contar con novos dispositivos, buscan a convivencia do móbil co vehículo, de xeito que as prestacións dos terminais de Nokia, tras a súa correspondente conexión, estarán accesibles a través do sistema de Alpine integrado no coche, de xeito que para a navegación non hai que limitarse á reducida pantalla do móbil, senón que podemos empregar a pantalla instalada no vehículo (habitualmente dunhas 7 polgadas) á vez que a instalación de son serve para retransmitir as indicacións orais de dirección durante os nosos desprazamentos.
Esta tecnoloxía buscaría revolucionar vinculación entre o coche e o móbil, de xeito que os sistemas integrados no vehículo non se empregarán só para facer de mans libres, senón que tamén estarán abertos a prestacións avanzadas.
Entre as vantaxes desta solución fronte a sistemas GPS integrados nos vehículos está o feito de que os móbiles con este tipo de prestacións tenden a gozar dunha tarifa plana de datos, o que abre a porta á actualización constante de contidos, de xeito que os mapas estarán moi actualizados, pero tamén pode accederse a moita información viva, coma información sobre estacións de servizo próximas ou calquera outra busca que permiten os servizos de mapas con conexión á Rede.
Alpine meterá o servizo de Ovi Maps no coche
Compartir Este Artigo
