Nas últimas horas Google está a incorporar (de xeito paulatino) unha interesante característica aos seus resultados de busca, consistente na posibilidade de marcar con estrelas elementos determinados de xeito que ao repetir tal busca as páxinas destacadas anteriormente recolleranse nun lugar destacado, facilitando a localización dos resultados que consideramos máis satisfactorios nas nosas pescudas.
As páxinas que destaquemos aparecerán rexistradas en Google Bookmarks de xeito que podemos xestionalas a posteriori, contribuíndo a que os usuarios xestionen na nube as súas páxinas favoritas, de xeito que elimínase a dependencia dos marcadores almacenados nun navegador web concreto.
Entendemos así que con estes avances Google quere facer as buscas na web algo máis persoal, así como facilitar o redescubrimento de contido na web.
Google avanza na personalización das buscas na web
Compartir Este Artigo
