Dende os laboratorios de Panda Security advirten da detección de distintos programas maliciosos (concretamente o cliente da botnet Mariposa, o verme Conficker e o programa de roubo de contrasinais Lineage) na tarxeta de memoria microSD que Vodafone estaría a distribuír (no Reino Unido) xunto con terminais HTC Magic, o que podería non ser máis que un caso puntual, provocado polo feito de que a operadora recolocase na cadea de distribución terminais devoltos polos usuarios sen a súa pertinente revisión (de xeito que non detectarían que estaban a distribuír un produto infectado con malware).
De todos os xeitos, non parece que o problema vaia poder perdurar, posto que o terminal HTC Magic está a ser discontinuado por Vodafone ante a chegada de novos terminais co sistema operativo Android 2.1 (coma o Nexus One).
Detectan malware en terminais HTC Magic distribuídos por Vodafone no Reino Unido
Compartir Este Artigo
