FACUA – Consumidores en Acción realizou unha votación a través dunha páxina web para elixir á peor empresa do ano co gallo do Día Mundial dos Dereitos dos Consumidores que se celebrou onte, e a gañadora fo Telefónica Movistar, que co 34% dos votos conseguiu superar a Air Comet, Orange, Ryanair e Vodafone e a un conxunto de máis de 100 compañías que desenvolveron «as actuacións máis irresponsables, abusivas ou fraudulentas para enriquecerse a costa de vulnerar os seus dereitos».
Dende o mesmo espazo tamén elixiron á peor práctica empresarial e ao peor anuncio, liderando estas categorías o spam telefónico e a campaña de Si eres legal, eres legal respectivamente.
As chamadas telefónicas reiteradas con ofertas comerciais é a práctica máis rexeitada polos consumidores (26%) pero con moi pouca vantaxe ao cobro por atender a consultas e reclamacións (25%) empregando números telefónicos co prefixo 807 para atender aos clientes.
O sector da telefonía faise cos galardóns á peor empresa do ano e á peor práctica empresarial segundo os consumidores
Compartir Este Artigo
