Distintos foros de Internet están que ferven ao aparecer unha imaxe dunha placa base dunha Xbox 360 que correspondería a un modelo novo que integraría nun único chip a o procesador principal (CPU) e o procesador gráfico (GPU) o que suporía un importante aforro de espazo, unha redución do consumo enerxético e incluso é posible que engadise certa seguridad á consola de Microsoft, desafortunadamente popular polo seu problema coa luces vermellas.
De confirmarse que esta placa é verídica, o máis probable é que nos vindeiros meses vexa a luz unha versión delgada da Xbox 360, aínda que o feito de que este mesmo ano sexa o lanzamento do produto resultante do Proxecto Natal, podería tratarse dun lanzamento conxunto, ou sexa, que parece bastante probable que poñan á venda unha nova Xbox 360 de tamaño reducido empaquetada co futuro sistema de detección de movemento de Microsoft.
Filtran a imaxe da placa dunha futura Xbox 360 Slim
Compartir Este Artigo
