As ameazas de Google de abandonar China no caso de ter que seguir a censurar os seus servizos na web vén de concretarse nunha operación sen precedentes: o buscador ordinario, o de novas e o de imaxes eliminan os filtros de censura ao remitir aos usuarios chineses de Google.cn a Google.com.hk, ou sexa, aos servidores da compañía sitos en Hong Kong.
Esta operación é bastante complexa, e podería provocar a caída dalgúns servizos de Google, pois están a traballar para que os servidores hongkoneses sexan capaces de soportar a carga de todo o tráfico web chinés do buscador, no que supón que é unha solución legal á negativa das autoridades chinesas a negociar o cesamento da censura en Google, de xeito que pretenden continuar as súas actividades no territorio chinés, pero deixando de ofrecer os seus servizos de busca dende alí (o que exime aos seus traballadores de Google en China da responsabilidade do buscador).
Google elude á censura mudando o seu buscador chinés a Hong Kong
Compartir Este Artigo
