Imaxe dun curso en MondoñedoA Rede de Centros para a Modernización e Inclusión Tecnolóxica da Xunta de Galicia, Rede CeMIT, deu a coñecer a súa programación para o mes de abril en múltiples vilas entre as que destacamos os 4 obradoiros que terán lugar en Ames (Iniciación a Internet, Iniciación á Informática, Iniciación ao correo electrónico e Iniciación ao Open Office Writer) aos que acompañarán os relatorios Compras en Internet e Utilidades do DNIe; os 4 obradoiros que celebrarán en Arzúa (Retoca as túas fotos con Gimp, Mecanografía, Descarga vídeos de YouTube e Trámites coa Administración por Internet); os 4 obradoiros que acollerán en Sanxenxo (Iniciación á Informática, Alfabetización Dixital: Informática e Internet, Iniciación a Internet e Creación dunha conta de Correo Electrónico); e os 4 obradoiros que celebraranse en Mondoñedo (Procesador de textos: Writer, Solicitude de Cita médica en Internet, Comunidades sociais: Facebook e Música e radio en Internet). Nestes 3 últimos concellos tamén terá lugar o seu respectivo relatorio sobre o DNIe.