Os usuarios interesados en coñecer a cobertura da telefonía móbil na súa zona e que conten cun terminal co sistema operativo Android poden facer uso da aplicación Antennas, que rexistra datos sobre a localización das antenas de telefonía ao redor e a forza do seu sinal, amosando esta información en Google Maps e permitindo a súa exportación en formato KML, de xeito que fai moi doado mapear as redes de telefonía móbil, aínda que cómpre advertir que o uso da aplicación provoca un consumo moi elevado da batería do móbil, aínda que iso non debería ser un problema, posto que o uso deste tipo de ferramentas suponse ocasional.
O uso desta ferramenta, de facerse popular, podería ser de grande utilidade para os consumidores, pois poderían coñecer a cobertura de distintas operadoras no seu domicilio e no seu centro de traballo antes de contratar unha liña coas mesmas, facilitando así a elección de compañía, aínda que para recompilar eses datos sería preciso da contribución de moitos usuarios.
Antennas permite analizar a cobertura de telefonía móbil
Compartir Este Artigo

