Boa parte dos fabricantes de tecnoloxía están a anunciar dispositivos preparados para as 3D, atendendo a unha crecente demanda do mercado, e dentro deste liña de produtos, NEC amosou en Tokyo un ordenador todo-en-un que permitirá a visualización de contidos estereoscópicos valéndose dunhas lentes polarizadas , estaría baseado na serie de equipos Valuestar N, custarían entre 15.000 e 20.000 iens (120 e 160 euros) máis que un ordenador convencional e chegarán ao mercado nipón a finais de ano.
NEC presenta un ordenador todo-en-un 3D
Compartir Este Artigo

