Dende Facebook anunciaron que pretenden levar a súa plataforma de redes sociais moito máis aló da súa páxina web, e un excelente exemplo diso témolo agora coa nova versión da aplicación musical Spotify, que agora xa non só permite escoitar música a través de streaming, senón que facilita a socialización a través da mesma, de xeito que os usuarios poderán conectar con Facebook dentro da aplicación para localizar a outros amigos que tamén fagan uso de Spotify, de xeito que poderán compartir entre todos as súas listaxes de reprodución públicas, así coma engadir a outros usuarios coñecendo o seu nome de usuario, permitir publicar o perfil de Spotify na web e incluso organizar os temas enviados por amigos nunha bandexa de entrada. Tamén é posible compartir temas musicais a través de Facebook, consultar o número de usuarios de Spotify subscritos a unha listaxe de reprodución e incluso coñecer cando se actualiza unha destas listaxes.
Outra das melloras máis significativas de Spotify é a posibilidade de reproducir arquivos almacenado en local, de xeito que os temas que temos no noso ordenador (incluíndo os de iTunes) poden escoitarse sen ter que utilizar outra aplicación e incluso determínanse as coincidencias con temas accesibles desde Spotify.
Os usuarios tamén poderán marcar cunha estrela as súas cancións favoritas, de xeito que colócanse nun cartafol especial. No caso dos usuarios Premium, tamén agradecerán a posibilidade de sincronización de música ao seu trebello móbil sen ter que utilizar un cable USB (operando sen fíos para a copia dos ficheiros musicais).
Explicación en vídeo das novidades presentes en Spotify 0.4
Spotify faise máis social
Compartir Este Artigo

