Tras un período en probas chega ao Android Market o navegador web Skyfire 2.0, que pese a estar en fase de probas é unha interesante aplicación que facilita a compartición de contidos en Facebook e Twitter, permite o uso de xestos multi-táctiles para ampliar a imaxe, navegación en fichas (ata 8), a posibilidade de acceder á versión de escritorio ou á móbil das páxinas web e mesmo soporte para vídeo en Flash.
Este navegador para Android 2.0 ou superior aínda está en fase de probas, pero á espera de Android 2.2 e o seu soporte nativo de Flash, estamos ante unha das opcións máis atractivas para o acceso á web dende o móbil, en boa medida polas súas compoñentes sociais, xa que conta cun botón que abre un acceso para compartir o que estamos a ver no navegador co resto do mundo a través de distintos mecanismos. Tamén conta cunha función de exploración que axuda a localizar contidos interesantes en fontes coma YouTube, Twitter, Google ou Digg, entre outras.
Pequena demostración do funcionamento de Skyfire en Android
Skyfire 2.0 para Android estréase coma un navegador con soporte de vídeo en Flash
Compartir Este Artigo

