Pese a que o iPad véndase coma un produto destinado ao lecer e que non parece ser o máis axeitado para un uso profesional, os usuarios non parecen estar de acordo e queren aproveitar o tablet de Apple para labores ofimáticas, o que estaría a converter o paquete de iWork (Pages, Keynote e Numbers) para o iPad nun auténtico super-vendas pese a que custa 9,99 dólares cadansúa aplicación. Un informe de Silicon Alley suxeriría que estas aplicacións tería facturado máis de 3 millóns de dólares en vendas e, de manter este ritmo de vendas, podería chegar a xerar 40 millóns de dólares ao ano, o que resulta realmente sorprendente especialmente se temos en conta que a meirande parte das aplicacións de éxito para o iPhone e o iPod Touch tiñan un prezo de preto de 1 dólar.
Hai que recoñecer que facer unha proxección de vendas de iWork para o iPad é moi precipitado, pois é evidente que as vendas iniciais dun produto non teñen por qué manterse no tempo, como tamén hai que constatar que polo momento o iPad só está dispoñible nos EE.UU., pois o seu salto internacionais aínda será para finais de mes, o que significaría que incluso é posible que as xenerosas previsións mencionadas poderían quedar curtas.
Que o iWork para iPad sexa capaz de facturar 40 millóns de dólares/ano é especialmente relevante polo feito de que as solucións ofimáticas de Google baseadas na web apenas facturarían 50 millóns de dólares ao ano, polo que Apple estaría a aproveitar un negocio que aínda ten problemas para afastarse do PC (o Office de Microsoft factura uns 4.000 millóns de dólares cada trimestre).
iWork para iPad podería facturar 40 millóns de dólares ao ano
Compartir Este Artigo

