Que certas plataformas coma Facebook ou Twitter teñan as súas API abertas permiten auténticas marabillas como a aplicación sobees for Facebook para iPad, que pode descargarse de balde da App Store (aínda que a súa gratuidade podería estar limitada só ao primeiro mes de vida desta ferramenta), e que sorprende agradablemente ao crear unha interface de uso de Facebook cunha aparencia de xornal, pero que permite as funcións máis habituais coma son ver as actualizacións de estado, as entradas no Taboleiro, as imaxes os vídeos e as ligazóns dos nosos amigos, ver todas as imaxes dos amigos nunha única páxina e poder navegar pola imaxe do perfil, acceder e ver os taboleiros e perfís dos amigos, ver os álbums de fotografías recentes dos nosos amigos, administrar eventos e aniversarios cunha simple mirada nun calendario mensual e actualizar o noso estado, publicar comentarios e marcar se gustan os contidos dos nosos amigos.
Aínda que este cliente non oficial de Facebook non inclúa prestacións innovadoras, a súa aparencia é motivo máis que suficiente para optar por ela, coma podemos apreciar no seguinte vídeo:
Unha aplicación para iPad dota a Facebook dunha aparencia de xornal
Compartir Este Artigo

