Hai 5 anos, antes de que Google entrase no xogo, lanzouse a primeira versión de proba dunha web que facía doado a carga de vídeos á Rede para compartilos con todo o mundo, revolucionando a web de xeito que hoxe vídeo e YouTube son case sinónimos para boa parte dos internautas, que atopan nese espazo unha chea de contidos nos que poder perderse a diario, de xeito que atopamos dende programas de televisión e películas ata vídeos domésticos.
A forza de YouTube vén principalmente da súa comunidade de usuarios, chegando a un nivel que os seus creadores nunca terían soñado, pois en só 5 anos conseguiron chegar a un volume de 2.000 millóns de visitas ao día.
Pero no seu apartado técnico tampouco quedou atrás, e quedou no esquecemento o uso de YouTube coma adxectivo para describir a un vídeo de pouca resolución e calidade, de xeito que agora ofrece dende vídeo en alta definición ata clips estereoscópicos (3D), de xeito que esta plataforma está adaptada para afrontar o futuro do audiovisual.
Para celebrar estes 5 anos de YouTube veñen de crear unha canle na que moitos usuarios contan a súa experiencia no servizo de vídeo e o xeito no que afectou ás súas vidas, acompañados por distintas personalidades de certa sona coma o director de cine Pedro Almodóvar:
Podemos ver un repaso dos 5 anos de YouTube no seguinte vídeo:
