Tras a adquisición de Atebits por parte de Twitter hai poucas semanas era só cuestión de tempo que a súa aplicación para iPhone, Tweetie 2, pasase a converterse no cliente oficial para os terminais de Apple desta plataforma de microblogging, e hoxe foi o agardado día, de xeito que Tweetie 3.0 apareceu na App Store directamente baixo o nome de Twitter, conservando na súa descrición referencias a que estamos ante a versión 3.0 da ferramenta.
Con esta renovación da aplicación para iPhone/iPod Touch temos novidades fronte a versión anterior, de xeito que non o percibimos só no nome e no prezo (pois pasa a ser de balde), senón que tamén presenta un novo formato e deseño nas buscas, permite utilizar a aplicación sen contar cunha conta de usuario (e incluso facilita a creación dunha dende o terminal) e axilízase a redacción de retweets.

Twitter estrea aplicación oficial para iPhone/iPod Touch
Compartir Este Artigo

