O popular cliente da rede P2P BitTorrent, µTorrent, estrea unha versión de proba chamada Falcon que destaca por integrar unha ferramenta que non precisa de configuración e que permite o acceso remoto e o control da aplicación a través de calquera navegador web.
µTorrent xa integraba dende hai tempo WebUI, unha interface web para o control remoto da aplicación, pero con µTorrent Falcon o proceso simplifícase sen complicadas configuracións no porto do router doméstico ou sen contar cun enderezo IP fixo, entregando unha páxina web na Internet aberta para facer de pasarela entre nós (en remoto) e o noso cliente doméstico de BitTorrent.
µTorrent Falcon polo momento só está dispoñible para Windows, descoñecéndose se hai plans de levar esta nova prestación a Linux e Mac OS X (aínda que é de agardar que sexa así).
µTorrent facilita o seu acceso remoto vía web
Compartir Este Artigo

