As tendas de libros electrónicos saben que non poden atarse a dispositivos en concreto para poder ter un público amplo, e ao igual que a plataforma Kindle está aberta a diversas plataformas, agora Barnes & Noble estrea aplicación de compra e lectura de e-books para o iPad, que promete ser a única que permite compartir libros electrónicos cos amigos.
Con esta aplicación xa non é preciso contar cun NOOK para acceder a eBookstore de Barnes & Noble, pero aparte das facilidades de cara á adquisición de textos (o catálogo de Barnes 6 Noble é superior ao de Amazon) tamén hai que destacar que a nova ferramenta conta con múltiples opcións coma elixir a cor do texto, seleccionar entre 8 tipografías e 5 tamaños de texto, contar con múltiples tipos de marxe e espaciados… moitas posibilidades para converter a lectura no iPad nunha experiencia agradable que tamén pode levarse ao PC, o NOOK, o iPhone ou o iPod Touch.
Barnes & Noble leva os seus e-books ao iPad
Compartir Este Artigo

