Parece evidente que a Fundación Mozilla non vai levar o seu navegador web Firefox ao iPhone por ser unha plataforma excesivamente pechada para encaixa na súa filosofía, o que non quere dicir que non poidan facer un achegamento ao terminal de Apple, e así veñen de anunciar que están a preparar unha aplicación chamada Firefox Home que está baseada en Firefox Sync, de xeito que permitirá que os usuarios do iPhone poidan acceder ao seu histórico de navegación no Firefox (do PC), os seus favoritos e incluso o conxunto de pestanas aos que accedeu na súa sesión máis recente. A aplicación tamén integraría a tecnoloxía da barra de enderezos do seu navegador (de xeito que con só escribir parte dun enderezo web a aplicación ofrecerá posibles resultados para minimizar o tecleo).
Con esta aplicación dende Mozilla facilitarán a vida aos seus fieis seguidores que teñan un iPhone ou un iPod Touch sen ter que desenvolver un navegador web completo (fai uso do propio navegador do iPhone).
Presentación de Firefox Home para o iPhone
A tecnoloxía de sincronización de datos do Firefox chegará ao iPhone
Compartir Este Artigo

