Ante a filosofía pechada do iPad, prepárase o lanzamento de novos tablets ao mercado coma o Shogo, previsto para finais do verán, e que consistirá nun dispositivo con pantalla multi-táctil de 10 polgadas cunha resolución de 1.024 x 600 píxeles, procesador Freescale iMX-37 e iMX-51, ata 8 Gb de almacenamento, 3G, USB, lector de tarxetas SDHC, batería cunha autonomía estimada de 8 horas, Bluetooth, Wi-Fi, cámara e sistema operativo Linux. O seu prezo debería ser duns 500 dólares.
O dispositivo busca facilitar o acceso a contidos en HTML5 e JavaScript, aínda que a finais de ano tamén incorporará soporte de Flash 10, e a súa plataforma de software está aberta aos desenvolvedores (que poderán preparar aplicacións para este tablet en C/C++ e Perl, así coma facendo uso de librarías como as QT 4.6.2).
Vídeo no que podemos ver en funcionamento un prototipo do Shogo
Shogo, un novo tablet baseado en Linux
Compartir Este Artigo

