A última versión do SDK para iPhone OS incorporaba a posibilidade de realizar chamadas VoIP a través de conexións 3G, de xeito que moitas aplicacións foron adaptándose para non soportar só conectividade Wi-Fi, e aínda que algúns fabricantes tardaron días en adoptar este cambio, dende Skype tomárono con calme, e finalmente xa temos aquí a súa versión 2.0.0, que permite chamadas de balde entre usuarios de Skype a través de 3G por tempo limitado (precisando que tal servizo pasará a ser de pagamento, aínda que a un prezo moi reducido) á vez que incorpora o codificador de audio SILK que permite unha calidade próxima ao CD nas comunicacións entre usuarios de Skype (amosando un indicador para marcar se a conexión á Rede ten velocidade suficiente para gozar desta nova prestación).
| Demostración do uso de Skype 2.0 a través de 3G |

