Os usuarios do iPad que sigan habitualmente distintos blogs e medios de comunicación que publiquen artigos sindicados a través de fluxos RSS poden optar por mercar por 3,99 euros unha aplicación chamada Early Edition e que é un orixinal lector de RSS que formata os seus contidos a xeito de xornal, aproveitando tal metáfora para facilitar a lectura.
Early Edition 1.1 permite agrupar os contidos en seccións, pode importar os fluxos RSS de Google Reader e ficheiros OPML, descubre os RSS das páxinas web que indiquemos (se están dispoñibles), permite consultar os contidos por distintos filtros (coma por data), conserva o estado da aplicación para retomar a lectura onde quedou no último uso e moitas outras funcións que fan moi cómoda a lectura de artigos para xente afeita os soportes tradicionais coma os xornais en papel.
Early Edition para iPad dá forma de xornal aos fluxos RSS
Compartir Este Artigo

