A pasada fin de semana saíu a versión 2.0 de Skype, que entre as súas melloras incorpora a posibilidade de facer chamadas de voz a través de 3G, e non só a través de redes Wi-Fi como ata o momento, o que supón un importante avance para esta aplicación de VoIP e que será de balde de xeito temporal (aínda non definiron o prezo que terán as chamadas entre usuarios de Skype a través de redes de datos móbiles), o que non freou a avalancha de descargas desta nova versión da aplicación, que superou os 5 millóns de descargas en menos de 5 días.
O cambio de modelo de negocio de Skype podería ser un tanto polémico, pois os usuarios xa pagan polos seu tráfico de datos a través de 3G, de xeito que será difícil convencelos de que paguen tamén por realizar chamadas a través de tal rede, cando a través doutras redes sen fíos sexa de balde. ¿Conseguirá captar clientes de pagamento o Skype sobre 3G? O tempo o dirá.
5 millóns de descargas da nova versión de Skype para o iPhone
Compartir Este Artigo

