As pantallas de PixelQi levan moitos meses alzándose como unha solución magnífica que combina as virtudes dunha pantalla TFT de cor coa tecnoloxía de papel electrónico de E Ink, pero non parece que vaian quedar sos no mercado, e CPT xa conta con paneis de 10,1 polgadas cunha resolución de 1.366 x 768 píxeles, cun ángulo de vision de 170 graos (tanto en vertical coma en horizontal) e con tecnoloxía transflectiva que facilita a súa lectura baixo a luz do sol.
A principal vantaxe que terían as pantallas de CPT é que esta compañía é fabricante (PixelQi precisa de fabricantes externos), aínda que no tocante a consumo hai que recoñecer que os paneis de PixelQi son máis eficientes. As pantallas de 10,1 polgadas de CPT consumirían ata 3,2 W, dos que 2,2 W corresponderían á retroiluminación (ou sexa, que no seu modo monocromo só consumirían 1 W, o que non está nada mal).
Vídeo no que podemos ver o panel transflectivo de CPT
CPT amosa a súa pantalla transflectiva
Compartir Este Artigo

