A lectura de fluxos RSS dende o iPad era unha das asignaturas pendentes do tablet de Apple, pois ningunha das aplicacións dispoñibles permitía unha consulta práctica e doada, o que finalmente vén de solucionarse ao estrear unha versión para iPad de Reeder, unha das aplicacións de lectura de RSS máis populares para iPhone.
A versión de Reeder para iPad pode xa adquirirse na App Store por 3,99 euros e a aplicación permite a sincronización con Google Reader (con navegación por fluxos e cartafoles, manexo de anotacións e elementos destacados, compartir elementos…), así como a relación con outros servizos, de xeito que podemos remitir artigos a Instapaper ou ReadItLater, gardar ligazóns en Delicious, recomendar entrada en Twitter e, como non, abrir un contido en concreto en Safari.
Resulta evidente que Reeder non é unha aplicación perfecta, pero polo momento é a mellor da que poden gozar os usuarios de iPad que gusten da lectura de moitas fontes de información.
Demostración do funcionamento de Reeder para iPad
Reeder estrea versión para iPad
Compartir Este Artigo

