A versión para terminais de Apple da aplicación do Kindle de Amazon vén de renovarse para incorporar a posibilidade de integrar cortes de audio e vídeo nos libros electrónicos, prestación da que xa tiran proveito distintas publicacións, o que engade valor a moitas obras coma Rose’s Heavenly Cakes (libro no que poden verse vídeos con trucos de cociña) ou Bird Songs (con fragmentos de audio cos cantares e reclamos de distintos paxaros). As guías de viaxes tamén poderían tirar proveito desta nova funcionalidade que tamén parece estar presente na aplicación iBooks (pois é capaz de interpretar HTML5 dentro dos documentos en formato ePUB).
O Kindle para iPhone, iPod Touch e iPad soporta audio e vídeo integrados nos e-books
Compartir Este Artigo

