Os usuarios que teñan un iPhone co iOS4 poden adquirir a aplicación ¡Cuelga!, que é un marcador telefónico que inclúe un cronómetro que avisa cando chegue un tempo marcado, de xeito que os consumidores que teñan plans de voz tipo 60×1 ou 90×1 poderán contar con alertas que os informen da chegada dos límites de duración establecidos para manter as súas conversas dentro das promocións contratadas.
¡Cuelga! véndese a 0,79 euros na App Store, e aínda que parece unha aplicación moi sinxela, de seguro que a agradecerán especialmente os usuarios do iPhone que conten con tarifas de voz con limitacións de duración (ou que subscriban ofertas puntuais).
Unha aplicación para iPhone axuda a non superar certa duración nas chamadas
Compartir Este Artigo

