Dentro do evento MobileBeat que estes días tivo lugar en San Francisco, Phil McKinney de HP amosou publicamente unha tecnoloxía de pantalla flexible que está a ser desenvolvida pola súa compañía e que tería un comportamento moi semellante ao papel electrónico (non consumirían enerxía ao amosar imaxes estáticas).
Polo momento non explicaron o estado de desenvolvemento desta tecnoloxía, pero McKinnery quixo explicar coa súa presentación que os produtos de Palm e HP poderían dar pasos realmente innovadores nos vindeiros anos, pois todo dependerá do desenvolvemento de amalgamas que consigan crear novos usos e aplicacións de produtos que actualmente non teñen un oco no mercado (como aconteceu co iPad) e que poderían ter un impacto notable no sector da electrónica de consumo.
HP prepara unha pantalla flexible que podería funcionar con webOS
Compartir Este Artigo

