Velocity Micro anunciara en abril que preparaba un tablet baseado en Android, e agora achégase o seu lanzamento (que será no mes de agosto) e o Cruz Reader dáse a coñecer coma un dispositivo que quere competir co iPad, pero que tamén tería no punto de mira os lectores de libros electrónicos, e para ter un factor realmente diferencial, o seu prezo será de 199 dólares, o que é menos da metade do que custa un iPad, polo que podería chegar a facerse un oco no mercado.
O Cruz Reader será o primeiro de varios dispositivos de diferentes tamaños e prestacións que prepara Velocity Micro, e neste caso serviría para navegar pola Internet e instalar aplicacións e xogos coma noutros dispositivos con Android, que neste caso será compatible coa plataforma de e-books de Borders (Kobo).
Vídeo no que amosan o Cruz Reader
Velocity Micro amosa a súa alternativa ao iPad
Compartir Este Artigo

