Os posuidores dun HTC Desire, Nexus One, Samsung Galaxy S ou calquera outro móbil con Android cun procesador o suficientemente potente poderán adquirir a través do Android Market por 5,99 dólares a nova aplicación PSX4Droid, que vén a ser a adaptación a Android do emulador da primeira PlayStation (PSX) desenvolvido por ZodTTD, e que é capaz de ler imaxes de xogos os formatos máis habituais (BIN, ISO, IMG, PBP, Z, ZNX, e Eboot), soportando o uso de trackballs e o acelerómetro, á vez que tamén permite facer reescalado da imaxe, configurar os fotogramas por segundo, utilizar mandos Blueototh (coma o Wiimando) e outras prestacións avanzadas, aínda que para o funcionamento da aplicación é preciso contar cunha copia da BIOS da consola de Sony (que non vén incluída por motivos legais).
Sorprende o feito de que os xogos funcionan cun rendemento bastante bo, e son poucos os fallos gráficos dos mesmos, polo que os nostálxicos da primeira consola doméstica de Sony poderán gozar de motos títulos clásicos coma Crash Bandicoot, Final Fantasy VII, Need For Speed ou Ridge Racer.
O emulador en acción
Lanzan un emulador comercial de PlayStation para Android
Compartir Este Artigo

