Esta semana Apple renovou moitos dos seus produtos do seu catálogo, sen mediar ningunha presentación oficial polo medio, sorprendendo especialmente o Magic Trackpad, un novo accesorio que leva o trackpad multi-táctil do MacBook aos ordenadores de sobremesa o que permítelle, entre outras cousas, contar cun tamaño un 80% superior ao do trackpad do MacBook Pro (pois o espazo no escritorio non está tan limitado coma en dispositivos portátiles). O Mighty Trackpad levou a Apple a vender cargadores de pilas AAEstamos ante unha superficie fabricada en vidro que permite mover o cursor pola pantalla do ordenador coma se fose un rato, operar coma botón e incluso empregar xestos para desprazarnos en aplicacións, xirar imaxes e outras funcións dun xeito semellante a como manexamos trebellos coma o iPhone. Comunícase co ordenador por Bluetooth e curiosamente aliméntase con 2 pilas AA, o que levou a Apple a introducirse nun negocio no que non se lle esperaba: o dos cargadores de pilas (cun dispositivo que permite a carga de baterías AA de dúas en dúas e que venden por 29 euros). O Magic Trackpad, pola súa banda, está á venda por 69 euros, dando a impresión de que busca estar en sintonía co Magic Mouse (pois o rato máis avanzado de Apple tamén ten unha superficie multi-táctil), accesorio ao que aspira substituír, aínda que iso dependerá moito das preferencias dos usuarios, xa que a elección entre un trackpad e un rato non resulta doada (especialmente entre os usuarios máis afeitos a un uso intensivo do rato).