Aínda que pouco coñecida, Picasa é unha excelente aplicación para xestionar as nosas fotografías no ordenador, así como para compartilas na Internet a través do servizo Picasa Web Albums, e continúa mellorando co tempo con novas ferramentas e funcionalidades como a integración de Picnik para a edición de fotografías con distintos efectos, o acceso á información de metadatos almacenada nas fotografías e unha sorprendente novidade: a creación de face movies.
As face movies son unha innovación en Picasa 3.8 que permite a produción de vídeos a xeito de slideshows nos que aparecen distintas fotografías nas que aparece unha mesma persoa, separadas por transicións, e centrándose sempre na súa cara, creando un efecto orixinal e divertido, coma ilustra o seguinte vídeo:
Picasa 3.8 incorpora a creación de face movies
Compartir Este Artigo

