Aínda que na meirande de xogos (especialmente os shooters) os controis da Xbox 360 gozan dunha grande ergonomía, cando temos que facer uso da cruceta dixital a cousa cambia bastante, resultando pouco preciso o D-pad actual, de aí que dende Microsoft decidiron redeseñar este elemento dun xeito orixinal: xirando o D-pad 90 graos pode incrementarse a altura da cruceta, o que fai que os dedos do xogador a perciban mellor (aínda que continúa a ter unha posición pouco cómoda para os xogos de loita).
A nivel de cores tamén mudaron os tradicionais botóns de A, B, X e Y, que pasarán a distintos tons de gris para adaptarse ao deseño na nova Xbox 360 e deixando de lado as súas tradicionais cores vermella, azul, amarela e verde, o que posiblemente non agrade a todos os usuarios.
Este novo mando poderá adquirirse nos EE.U. a partir do 9 de novembro dentro do Kit Carga y Juega por 64,99 dólares, e aínda non se anunciou nin a data nin o prezo cos que chegará a España.
Vista en detalle do novo mando para a Xbox 360
A Xbox 360 terá un mando sen fíos cun novo deseño
Compartir Este Artigo

