A aplicación de Google Maps para móbiles con Android 1.6 ou superior chega á súa versión 4.5 con interesantes novidades como a navegación para obter rutas a pé e o filtrado de resultados de busca por distancia ou puntación.
A funcionalidade de rutas a pé en Google Maps conta con características de seu como a vibración do móbil cando haxa que torcer ou a rotación da vista de satélite cando xiremos o móbil, facilitando a orientación do usuario.
Dentro do modo de visualización a pé de rúa tamén incorporaron unha novidade que axiliza a navegación movendo o boneco laranxa que indica a nosa posición como na versión web desta ferramenta, aínda que para gozar de tal funcionalidade é preciso instalar unha aplicación do Android Market chamada Street View en Google Maps.
Google Maps tamén estrea unha barra de busca na parte superior dos mapas, facilitando a busca de locais, a selección de capas ou a consulta da posición actual no mapa, sen ter que premer o botón de opcións do móbil, o que supón unha mellora na usabilidade do programa.
Explicación das novas posibilidades que achega a instalación de Street View en Google Maps
Nova versión de Google Maps para Android
Compartir Este Artigo

