Os usuarios de terminais móbiles co sistema operativo Android 2.2 teñen xa dispoñible no Android Market unha actualización da aplicación de Gmail que mellora o sistema de respostas de mensaxes, accede a texto citado (para seguir mellor o fío dunha conversa) e outras características coma un acceso limitado ao cartafol de Prioritarios do servizo de correo electrónico de Google que recolle as mensaxes que o sistema identifica coma Importantes.
A nova versión da aplicación de Gmail presenta un mellor rendemento e facilita o etiquetado de mensaxes coma destacadas, aínda que pode presentar problemas de funcionamento nalgún terminal (que están en vías de corrixirse).
Gmail actualiza a súa aplicación para Android
Compartir Este Artigo

