
Aínda que o lanzamento destas 2 novas canles en alta definición sería o mesmo día, Telecinco HD quixo tomar a dianteira, e xa botou a andar en probas, estando dispoñible na meirande parte de Galicia a través do mesmo múltiplex que achegan Boing, La 10 e a MTV. Esta anticipación fai que Telecinco presuma de ser a «primeira xeneralista que emite toda a súa programación en HD», destacando o feito de que o sinal está a transmitirse cunha calidade bastante superior ás probas que fixo durante o verán LaSexta 2 nas súas emisións en alta definición (que resultaron decepcionantes por teren unha compresión excesiva).
Dende Antena 3 instan aos espectadores a agardar ao vindeiro martes para recibir as súas emisións en alta definición e aseguran que simultanearán as súas emisións en definición estándar e HD, lembrando tamén que pare recibir estas últimas é preciso contar cun televisor con sintonizador de alta definición ou un receptor de TDT HD.
É de agardar que estes avances na alta definición leven a que tanto TVE HD como LaSexta HD a consolidarse, o que no caso da canle pública xa tarda, pois leva máis dun ano con emisións ininterrompidas en probas, sen ofrecer unha grella da programación estable nin publicada con antelación, para desesperación para os seus espectadores.
Antena 3 anuncia que estreará canle en alta definición
Telecinco e Antena 3 emitirán en alta definición a partir do vindeiro martes
Compartir Este Artigo
