A pasada fin de semana tivo lugar en PALEXCO a terceira edición do Alén Salón Outlet de A Coruña, cunha asistencia estimada de preto de 60.000 persoas e a participación de 70 comercios locais e outros 30 establecementos de hostalería (buscando incrementar o número de visitas e consumicións nos locais adheridos ao programa), pero este ano esta feira de liquidacións comerciais destacou por unha interesante innovación: tras o remate da venda física, boa parte dos comercios presentes ofrecen a través da web os produtos que non lograsen vender, nunha tenda en liña aberta que manterase operativa ata o 24 de outubro, cando darase por rematado o Salón Outlet.
Esta iniciativa serve de exemplo da oportunidade que abre a Rede ao mercado das liquidacións, o que veñen demostrando con moito éxito plataformas de venda privada como BuyVIP (actualmente en proceso de adquisición por parte de Amazon) ou Privalia, e que poderían adaptarse ao pequeno comercio coma complemento ás múltiples feiras de descontos que actualmente celébranse por toda a nosa xeografía.
Os outlets saltan á web
Compartir Este Artigo
