
Neste ámbito temos que o paquete iLife’11 incorpora moitas novidades coma vén a ser habitual nas súas distintas iteracións, coincidindo tamén en que será de balde en novos equipos e a súa actualización dende versións anteriores custará 49 euros.
O paquete de software mellorou iPhoto con visualización a pantalla completa, xeolocalización de fotografías, un apartado orientado á creación de libros fotográficos e unha vista que recolle de xeito elegante os proxectos que elaboremos; iMovie amosouse nunha demostración moi espectacular, no que a audiencia podía ver coma nuns minutos é posible elaborar pezas de vídeo de película, con múltiples efectos, a posibilidade de acelerar ou ralentizar fragmentos de vídeo, a creación de trailers e un novo sistema de edición de audio; e GarageBand incorpora un método de aprendizaxe de guitarra e piano (no que podemos gravar ensaiando e logo ver as correccións que fai a aplicación), unha función de arranxo automático de instrumentos gravados fóra de ritmo e outra que permite axustar a lonxitude dunha pista.
Pero o software de escritorio de Apple tamén incorporou unha nova aplicación, que non é outra que FaceTime, a ferramenta de videoconferencia do iPhone 4, que agora é compatible cos Mac, de xeito que é posible comunicar móbiles con ordenadores, incrementando así a súa base de usuarios e ameazando con vampirizar ao iChat no futuro. Esta novidade nótase tamén a nivel terminolóxico, de xeito que agora Apple muda o nome das cámaras web por cámaras FaceTime.
Apple volve ao Mac
Compartir Este Artigo
