Radio Televisión Española está a levar os seus contidos máis aló do televisor, e tras estrear emisións web en directo de La 1, Teledeporte e Canal 24 Horas, publica unha aplicación de balde na App Store que facilita recibir dende os terminais móbiles de Apple distintos episodios das series da canle infantil Clan, coma Pocoyó, Los Lunnis ou Winx, o que resulta ideal para poder manter entretido a un cativo alí onde non hai un televisor a man e temos acceso á Rede dende un iPhone ou un iPod Touch.
A aplicación tamén ten unha sección de contidos en inglés, e unha ferramenta de coloreado de debuxos para que os pícaros poidan entreterse, que será o primeiro de distintos xogos que irá integrando a aplicación nas súas vindeiras actualizacións.
Clan TV estrea aplicación para iPhone e iPod Touch
Compartir Este Artigo

