A Axencia de Protección de Datos (AGPD) sancionou con 30.000 euros á Sociedade Xeral de Autores e Editores (SGAE) por ter enfocadas á vía pública as cámaras de vídeo instaladas na súa sede en Santiago de Compostela, atendendo así a unha denuncia do Movemento polos Dereitos Civís (MpDC) presentada en maio de 2009. A AGPD considera que o enfoque das cámaras é unha infracción grave da Lei orgánica de protección de datos, e nos vindeiros meses poderiamos coñecer resolucións semellantes, xa que o MpDC denunciou a máis empresas por irregularidades semellantes.
Dende a SGAE anuncian que recorrerán a sanción e deféndense argumentando que nin sequera recibiron a visita dos inspectores da AGPD para constatar os feitos denunciados con carácter previo á imposición dunha sanción, á vez que manifestan a súa vontade de operar dentro das recomendacións da Axencia.
A SGAE deberá pagar 30.000 pola incorrecta orientación das súas cámaras de vixilancia en Compostela
Compartir Este Artigo
