
Este novo proxecto creado por Adrián Álvarez Figueroa e Samuel Rodríguez Borines comezou a desenvolverse o pasado día 19 para estrearse na web o pasado sábado, e na súa curta vida xa supera os 600 usuarios.
Os responsables de esta iniciativa declararon a La Voz de Galicia que «estabamos cansos das redes actuais, xa aburridas e monótonas, e por iso decidimos crear outra que estea á altura do que os usuarios demandan», de aí que estean a pensar en cómo superar o que xa existe, para o que consultaron aos seus amigos, que coas súas suxestións marcaron o camiño que está a seguir Pervi.
A nova plataforma en liña está desenvolvida por e para mozos, destacando por contar cun sistema de puntos para os usuarios e cun ranking no que ascéndese ao publicar fotografías, escribir comentarios, publicar mensaxes…
Pese a que pareza que estamos ante unha plataforma pensada na proximidade, xa dende o seu lanzamento está dispoñible en español e inglés, polo que a ambición dos seus creadores está clara por marcarse coma obxectivo a conquista do mercado anglosaxón. A semana que vén teñen pensado estrear interface en galego e portugués.
Cómpre matizar que este novo servizo non é un desenvolvemento de seu, senón unha aplicación da plataforma SocialEngine de Webligo Developments, que facilita a creación de espazos web destinados ás redes sociais, cunha arquitectura modular que facilita a súa personalización.
Nova plataforma de redes sociais creada en Redondela
Compartir Este Artigo
