O buscador de Google non cesa de incorporar novidades, e cando aínda non remataramos de dixerir o Google Instant, chegan agora as vistas previas instantáneas, de xeito que podemos activar que nos resultados de busca apareza unha miniatura da páxina web á que se fai referencia, o que resulta especialmente útil se queremos localizar espazos visitados con anterioridade (de xeito que os recoñeceremos de xeito doado).
Dende Google consideran que as vistas previas de páxinas web axudan a comparar resultados de busca dun xeito máis rápido, destaca as palabras buscadas nas imaxes presentadas (o que facilita a súa localización) e facilita a a interacción coas páxinas de resultados.
Google estrea vistas previas dos seus resultados de busca
Compartir Este Artigo
