Durante a inauguración do Foro Internacional de Contidos Dixitais (FICOD), no Palacio Municipal de Congresos de Madrid, a ministra de Cultura, Ángeles González-Sinde, acompañada polo ministro de Industria, Turismo e Comercio, Miguel Sebastián, destacou a importancia dos contidos dixitais reivindicando que a súa propiedade intelectual ao asegurar que «tamén teñen uns autores, non naceron duns microprocesadores, son o resultado dun investimento económico, de moitas horas de traballo dun compositor, dun novelista ou dun videoartista» e adiantou que durante o vindeiro trimestre iremos coñecendo novidades en relación á coñecida Lei antidescargas, sinalando que o peche de páxinas web «dependerá do Parlamento».
González-Sinde matizou que o proceso para pór en marcha estas medidas levará o seu tempo, pois unah vez aprobada a lei, aínda haberá que desenvolver o seu regulamento, crear unha comisión de expertos (na que buscarán a pluralidade e que os seus membros sexan «moi expertos e que representen a todas as partes implicadas»), crear unha oficina de propiedade intelectual e ver as súas competencias.
Miguel Sebastián, pola súa banda, asegurou que o seu ministerio vai pór en marcha un Plan de Impulso da Industria de Contidos Dixitais dentro do programa Avanza2 e que contará en 2011 cun orzamento de 200 millóns de euros.
A ministra de Cultura reafírmase no peche de páxinas web para protexer os dereitos de autor
Compartir Este Artigo
