Moitas son as aplicacións de escritorio que rematan adaptándose a terminais móbiles, pero o considerado coma o mellor lector de fluxos RSS para iPad (tamén dispoñible para iPhone/iPod Touch), Reeder, vén de percorrer o camiño en dirección contraria, e estrea versión de proba para Mac OS X, de xeito que salta dos dispositivos móbiles ao escritorio.
O primeiro borrador de Reeder para Mac 1.0 pode descargarse de balde, aínda que estamos ante unha aplicación sen rematar, que aínda carece de funcionalidades como a administrador de fluxos RSS, a busca, as descargas e outras características que irán chegando en versións sucesivas. Mantén a interface minimalista da versión para iPad (coa que garda moitas semellanzas) e resulta de interese para os usuarios de Google Reader (servizo co que se sincroniza Reeder) que non gustan da aparencia deste servizo vía web, e prefiren utilizalo dun xeito máis sinxelo e atractivo.
Reeder salta de iOS a Mac OS X
Compartir Este Artigo

