Os servizos de VoIP son cada día unha maior ameaza para os operadores de telefonía tradicionais, pois permiten que os seus usuarios realicen chamadas de voz sen custo adicional, e agora os usuarios de iPhone poderán gozar dunha nova aplicación para tal uso coma é Viber, que permite realizar chamadas a través da conectividade 3G ou Wi-Fi en combinación co servizo push dos móbiles de Apple, de xeito que as comunicacións estableceranse ao momento sen precisar de que a aplicación estrea en segundo plano no móbil de destino.
Esta aplicación está dispoñible para iPhone, pero no futuro contará con versións para Symbian, Android e Blackberry, á vez que tamén pretenden dotala de novas funcionalidades coma mensaxes de texto, tons de chamada personalizados, xeolocalización…
Aínda que esta aplicación non é tan popular coma Skype, a súa boa integración co teléfono (non precisa de apertura de sesións nin agregación de usuarios) podería mudar a situación entre os usuarios de móbiles de Apple, sendo tamén compatible co iPod Touch e o iPad (aínda que estes dispositivos non están oficialmente soportados).
Explicación do funcionamento de Viber
Viber permite facer chamadas de voz de balde entre usuarios de iPhone
Compartir Este Artigo

