Tras chegar ao iPhone e a BlackBerry, finalmente a plataforma social LinkedIn estrea aplicación para Android, un programa dispoñible para a súa descarga dende hoxe directamente da páxina web de LinkedIn (aínda non se incorporou ao Android Market) e sería unha versión de proba nun estado bastante inicial, que decidiron lanzar agora ante a importante demanda por parte dos seus usuarios, e que agardemos que nos vindeiros meses vaia madurando ata converterse nunha ferramenta fiable e de utilidade.
A nova aplicación de LinkedIn funciona en terminais con Android 2.1 ou superior e permite revisar as actualizacións da nosa rede profesional, manter o contacto coas nosas conexións, administrar as invitacións remitidas por outras persoas e realizar buscas (para descubrir cousas que temos en común con outra xente e así establecer novas conexións), ou sexa, un uso básico, aínda moi lonxe das funcionalidades do seu equivalente para iPhone.
LinkedIn estrea aplicación para Android
Compartir Este Artigo

