Dende Sony adiantan que en breve vai estar dispoñible tanto para iPhone e iPod Touch, que conten con iOS 4 ou superior, como para móbiles con Android 1.6 ou superior, unha aplicación oficial de PlayStation que na súa versión 1.0 permitirá ver os trofeos da PlayStation Network, informar das partidas e o estado en liña dos nosos amigos, descubrir os últimos xogos, novidades e accesorios para PS3, PSP e PS2, ler os contidos do blog oficial de PlayStation e compartir os produtos e novas favoritos a través de correo electrónico, Twitter e Facebook.
A aplicación chegará inicialmente a Reino Unido, Francia, Alemaña, España, Italia e Países Baixos.1
PlayStation contará con aplicación oficial para iOS e Android
Compartir Este Artigo

