A primeiros de novembro chegou á App Store o navegador web Skyfire para iPhone e iPod Touch que permite a visualización de vídeos en Flash a través do terminal de Apple grazas a que estes contidos adáptanse a través dos servidores de Skyfire Labs, de xeito que o volume de vendas desta aplicación tivo que limitarse para evitar a saturación dos seus equipos, deixando claro o éxito desta ferramenta e a demanda de certos contidos por parte dos usuarios de dispositivos de Apple, de aí que agora chegue unha versión para iPad que estreouse esta mesma noite e que está á venda por 3,99 euros.
Con este novo navegador para iPad podemos explorar multitude de páxinas web e, de detectarse nas mesmas un vídeo en Flash, aparecerá a posibilidade de reproducilo. Esta aplicación tamén incorpora unha barra de ferramentas que facilita o uso de Facebook e Twitter, permite un acceso rápido a Google Reader e facilita a compartición de contidos a través de Google Reader, Instapaper, Pinboard e Read It Later. Tamén incorpora opción de navegación privada e pode forzar a carga da versión de escritorio dunha páxina web (no caso de que detectase o dispositivo de Apple e amosase unha versión móbil que en moitas ocasións resulta moi pobre en contidos). Tamos así un excelente navegador web que vai moito máis aló do acceso a vídeos en Flash, polo que é de agardar que repita o éxito da versión para iPhone.
Demostración do funcionamento de Skyfire no iPad
Skyfire permite ver vídeos en Flash no iPad
Compartir Este Artigo

